Imprimir
PDF
Ago
30

16 mm

Autor // Administrator

16 mm: O cinema fantástico de Segundo de Chomón musicado en directo con violonchelo e theremin


Dezaseis milímetros é un novo proxecto no que Macarena Montesinos e Paulo Pascual traballan na musicalización (composición, interpretación, improvisación, etc) de cinema en directo. Esta aventura arranca musicalizando o visionario material de cine de Segundo de Chomón.

Nun tempo no que no cinema estaba todo por inventar, o pioneiro Segundo de Chomón, pensou no cinema como unha ferramenta para contar algo máis que a realidade, e atopou nel o espazo onde dar vida ás historias fantásticas. Nado en Teruel e contemporáneo de Méliè, perfeccionou a súa técnica, deseñou incluso unha máquina para dar cor ós filmes mudos, adiantouse aos tempos co stop motion, etc. Así ampliou a linguaxe cinematográfica.
A fantasmagoría, fantasía e inxenio visionario que destilan moitas das súas pezas de curta duración, conversan con música en directo na proposta de Macarena Montesinos e Paulo Pascual.

O público poderá disfrutar dun sorprendente cinema fantástico de principios de século, coloreado ás veces, con banda sonora exclusiva en directo. Violonchelo, theremin e sonoridades de tecnoloxía actual convivindo co innovador cinema de principios do século XX.