Imprimir
PDF
Ago
31

Comando Radar

Autor // Administrator


Este septeto de músicos galegos define a súa música como improvisación conducida. Proposta arriscada pero o mesmo tempo cautivadora. O seu directo é apto para todos os públicos.
O Comando non so entra polas orellas, tamén o fai polos ollos. Os temas xorden a través do director que con sinais constrúe cada una das pezas. Os músicos moi atentos, entregados a improvisación e completamente volcados na música. Aparece así unha coreografía entre eles que fai de fío condutor do espectáculo.
Cada concerto ten vida propia e neles poderemos escoitar momentos de noise, free jazz, impro libre, electrónica, ou non...

Xurdiron das sesións H.A.L.O. a finais de 2016 en Vigo e acaban de gravar o que será o seu primeiro disco, o cal acompañarán tamén de parte da sesión gravada en vídeo.

COMANDO RADAR SON:

PABLO REGA (Elektra, Cosmic Muffin, F.I.L.O., Castromilf) --- Dirección, guitarra e aparellos

LUIS ERADES (La Hierba Roja, Voynich em Chamas) --- Saxo Alto/Soprano

PABLO SAX (Pablo Sax Trio, 2M, Fritanga) --- Saxo Tenor/Soprano

DAVID LOJO (David Lojo Quartet) --- Trompeta

SAÚL PUGA (Suelen Estar Quartet, F.IL.O., Orquesta Metamovida) --- Contrabaixo

CARLOS CASTRO ( Castromilf, Orquesta Metamovida) --- Batería

XAVI BÉRTOLO (Cró!, Orquesta Metamovida) --- Teclados

CONTACTO
Pablo: 627651777
Xavi: 627938576
MEDIA
Bandcamp (grabaciones conciertos) https://comando-radar.bandcamp.com/
Facebook https://www.facebook.com/comandoradarspain/
VideoTeaser https://www.youtube.com/watch?v=vrnepp3A4sw