Skip to content

Corvax

CORVAX é un dúo formado en 2018 por Laura Iturralde ás visuais e o músico Xavier Núñez na electrónica. Xuntos ofrécennos unha orixinal exoeriencia na que son, imaxe e luz únense para levarnos a través dunha viaxe de texturas e melodías inspiradas nun lonxano universo alieníxena. As imaxes son xeradas a tempo real mediante cámara en vivo: trátase dunha constante experimentación en base a distintos materiais como ferrofluídos, imáns ou láseres. A música, tamén xerada en vivo contén amplas zonas de improvisación, aquí é onde reside un dos principais atractivos de este directo.

https://www.facebook.com/corvaxbanda/https://www.instagram.com/_corvax_/