Imprimir
PDF
Ago
31

IgMig

Autor // Administrator

Shaishakarraskaishe é o grito desesperado da pandeireta, a chamada á festa, á foliada, á bacanal. Igmig é un trío musical que condensa a práctica heteroxénea dos seus compoñentes para realizar unha música ecléctica, fresca e totalmente inclasificable. Formado por Mig Seoane (voz e guitarra), Nacho Muñoz (voz e teclados) e Suso Feixón (batería), tres músicos de longa traxectoria en varios estilos musicais, que se unen nunha proposta que combi- na postpunk, funk, rock progresivo, electro, techno... aínda que tamén introducen elementos da mú- sica clásica do sXX coma o serialismo e a improvisación. As letras lembran o dadaísmo e utilizan a prosodia da voz coma elemento compositivo.

A posta en escea é moi teatral e tremendamente eufórica. O seu directo é toda unha experiencia mu- sical rebosante de enerxía, onde se fusionan todo tipo de estilos musicais, divertidas performances e grandes dosis de interacción co público.

Mig Seoane – Guitarra, voz. Compositor de numerosas B.S.O. para teatro, cine e tv, ten pasado por diferentes formacións musicais: Xosé Manuel Budiño, Blackingstones, orquesta de improvisación O.M.E.G.A., Mr Carácter, etc.

Nacho Muñoz – Teclado, electrónica e voz. Músico, productor e compositor. Ten traballado para artistas da talla de Mercedes Peón ou Xosé Manuel Budiño e forma parte da orquesta O.M.E.G.A. Compositor de “off:ópera forte fonética”, o seu alter ego Madamme Cell ten publicados traballos de música electrónica en numerosos net-labels.

Suso Feixón – Percusión e voces. Na súa longa traxectoria coma percusionista, ten pasado por ban- das míticas como “A Roda”. Polas noites transfórmase en Flydrums, un reputado percusionista de house e dance que traballa cos mellores DJ do país.

Te gusta IgMig??

Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Bandcamp
Facebook