Imprimir
PDF

Modulador de Ondas

*foto María Urrutia Baliño

Modulador de Ondas (MdO) é un proxecto único que apunta en varias direccións:

• Proxecto musical/visual. Un só músico que leva ao directo un repertorio de temas propios utilizando unicamente dous instrumentos: theremin e guitarra. Esta poderosa combinación poténciase co uso de loop stations que lle permiten facer música a base de capas de son. Suxerente proposta que se completa a través de imaxes proxectadas, non como un ornamento se non como parte dá linguaxe dá intervención. Podes escoitar dous temas na rede no seu bandcamp: https://moduladordeondas.bandcamp.com/




• Cinema musicado ao vivo. Imposible pensar na relación imaxe-son e non traballar co cinema. MdO compón bandas sonoras para películas e logo as interpreta á vez que estas se proxectan, ben sexa ao aire libre, nun cinema, ou nun espazo diferente. Polo de agora traballou deste xeito en dous filmes, "Miss Ledyia" (o primeiro filme de ficción galego que se coñece, rodado en 1916) e no clásico de Alfred Hitchcock "Os paxaros" (The Birds, 1962) aproveitando que o director eliminou a música incidental para experimentar cos lapsos de silencio, eses lapsos valerán para provocar unha nova experiencia no espectador.




• Obradoiros. A instrumentación musical empregada conta cun theremin, inusual instrumento electrónico soviético de principios do século xx. Composto principalmente de dúas antenas, o theremin é o único instrumento que “se toca sen tocar”, de ahí que sexa un dos instrumentos máis difíciles de facer soar melódicamente. En Galicia MdO é o único intérprete na península hai contados cos dedos da man. Posto que a miúdo se utiliza únicamente como un xoguete xerador de ruidismos aleatorios en bandas de rock, é moi importante que o thereminista faga ademáis de tocalo, un traballo divulgativo das moitas posibilidades que este aparello ofrece a quen queira profundizar nel. De feito, iso fan a maioría de thereministas que hai polo mundo adiante. Os obradoiros de MdO son unha boísima oportunidade para coñecer e experimentar un instrumento único, case máxico.
Podes ver un vídeo de MdO interpretando unha peza clásica no theremin aquí:Patrulla de cosacos

*foto La Casa Taller, A Guarda
PDF info en galego
PDF info en español
Fotos

https://www.facebook.com/Moduladordeondas/
mail: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla