Imprimir
PDF
Ago
31

Camarada Nimoy

Autor // Administrator

Camarada Nimoy gosta de presentarse cunha negación, dicindo o que non son e deixando á vez a vista as súas influencias e os seus gustos. Din que non son unha banda de surf, de kraut, de psicodelia, de jazz, de rock, de space age pop, de lounge, de exótica... pero moito gozan de todos e cada un destes xéneros.
A súa é unha proposta instrumental de son recoñecible coa que intentan ter amplitude de miras dentro das súas posibilidades. Un cóctel sonoro que serven dun xeito sinxelo sen moitas pretensións acompañado sempre de proxeccións nos seus directos que convirten os seus temas en bandas sonoras das súas elucubracións visuais, fundindo todo en imaxes, en paisaxes sonoras.

Teñen editado xa un LP en vinilo vermello homónimo autoproducido (setembro 2013) totalmente esgotado e agora presentan "oficialmente" en directo no Charenton (Vigo) o sábado 12 de xuño o segundo ( esta vez vinilo laranxa) chamado "Alucinacións acústicas". Pódese escoitar no seu bandcamp (camaradanimoy.bandcamp.com) e tamén reservalo para súa compra.
Este segundo LP discurre por camiños máis psicodélicos que o anterior. Pretende romper un pouco os seus propios esquemas montados no primeiro e mostra unha nova visión do artefacto ao vivo con cambios na formación; C.N son un trío:
Xoaquín Seoane á batería, Pablo Múñiz ás proxeccións, secuencias, teclados e baixo eléctrico e Paulo Pascual ás proxeccións, secuencias, theremin e guitarra eléctrica.

Te gusta Camarada Nimoy??

Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Bandcamp
Youtube
Facebook