Imprimir
PDF
Ene
14

Why Go

Autor // Administrator

WHY GO é unha banda viguesa con máis de quince anos de historia ás súas costas. Neste 2014 presenta o seu segundo álbum chamado "Kara", onde se mesturan de xeito especial diversas áreas artísticas.

Baixo o formato de libro-disco, unen as súas mans as artes da ilustración, o relato curto e a música, para expresar unha serie de sentimentos universais para as xentes do mundo actual. Todo isto a través do uso da lingua galega, reivindicando a súa gran potencia melódica.

"Kara" fala do futuro do mundo, do que somos como seres humanos e o que deixamos a cada momento que pasa. Un conto que narra unha fábula sobre a humanidade a través dos ollos dunha nena. Acompañados polas ilustracións da artista moldava Natasha Lelenco, a banda realiza a súa correspondente Banda Sonora Orixinal (BSO) onde predomina a variedade de matices e texturas musicais dentro dun xénero que ben poderiamos calificar de popular, ou rural.

Este segundo traballo foi gravado e mesturado por Esteban Varela, na Igrexa de Santa María Magdalena de Ribadavia e en diversos emprazamentos das cidades de Vigo e Madrid. Masterizado en Focus Mastering (Nebraska,USA) por Doug Van Sloun.

Te gusta Why Go??

Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Bandcamp
Facebook
Twitter: @WhygoKara