Imprimir
PDF
Ene
14

Why Go

Autor // Administrator

Why Go levan máis dunha década elaborando traballos con aclamadas críticas, tanto por público como por medios nacionáis e internacionáis (Ouèbe Musique de Canadá, Byte FM de Alemania, Mondosonoro, Radio Explosión Musical de Madrid, Radio Galega, etc.)

O seu debut discográfico correu no ano 2009, editado no selo madrileño Estoescasa (http://estoescasa.com/). Este disco foi grabado e misturado nos estudos Mix-plus de Vigo e masterizado en Marcussen Mastering, en Hollywood, California.

Anteriormente, algúns dos seus traballos foron editados nas netlabels Trastienda Ediciones Virtuales (http://trastienda.org/) ou na excéntrica Mastertoaster Recordings (http://mastertoaster.blogspot.com/) de Barcelona, entre as que suman máis de 11000 descargas de súa última maqueta, previa ao disco.
Han compartido cartel con bandas coma os norteamericanos Why?, o ex-Can Damo Suzuki, ou Alec Empire, The Death Letters e zZz (Estes tres últimos na primeira edición do Oddstream Festival de Nijmegen, Holanda)