Atende porque imos celebrar o noso IV Festival, de novo en Santiago de Compostela!

Unha vez máis, poderemos gozar dunha aparición xeral da Orquestra da Metamovida, banda colectiva e mutante de improvisación conducida con membros de Cró!, BALA, diola, Trilitrate, IGMIG, Es Un Árbol, Nostoc, Zamaramandi e novas asociadas que fan de cada aparición algo único e irrepetible. Entre 12 e 20 pailáns colocados no escenario para entregarse a ti con cada nota, cada xesto, cada golpe.

BALA son gasofa e misto, as dúas fases do pegamento de contacto, pura tralla e moito vicio pola pegada. Se non as coñeces, tes un problema... Están a presentar Lume, o seu segundo álbum (Matapadre, 2017), nunha xira que o mesmo para en Sevilla ou Madrid que Xapón e Australia ou, por suposto, Compostela. Os vigueses Trilitrate son o máximo exponente da música acústica feita dende o corazón. Hardcore de cámara? Antifolk? Rock neoclásico? Os hippies da música contemporánea andan pletóricos e estarán por suposto dando o 200% no noso IV Festival.

A Metamovida faise maior pero Nelo é forever young. Pálida é a nosa derradeira carta, a guinda perfecta! A silixosa pantasma da noite entre as sombras da pista de baile :)

Os pontevedreses diola estarán a dar o callo traendo o seu metal tropical ata Compostela, onde deixaron o pavillón ben alto despois da súa visita ao WOS Festival en setembro.

Paulo Pascual Castro aka Modulador de Ondas, fundador de Camarada Nimoy, guitarrista e thereminista de pro, tamén estará dándolle ao maquinillo no noso festival, ollo que isto irá nun horario especial! (a partires das 13:30 no Embora)

¡MERCA A TÚA ANTICIPADA PREMENDO NO BOTÓN!



Puntos de venta analóxica

VIGO
- Honky Tonk
PONTEVEDRA
- Liceo Mutante
SANTIAGO
- A Reixa tenda
CORUÑA
- Portobello

ÚLTIMAS NOTICIAS

Imprimir
PDF
Oct
18

III Festival Metamovida

Autor // Administrator

III Festival Metamovida

Rematou a venta anticipada online



Puntos de venda

VIGO
- Honky Tonk

PONTEVEDRA
- Liceo Mutante

SANTIAGO
- Miranda - Cultura para levar
- A Reixa tenda

CORUÑA
- Nave 1839
- Ummagumma
- Portobello

OURENSE
- El Pueblo - Café Cultural

Imprimir
PDF
Sep
02

Moito ollo, a metamovida está fervendo

Autor // Administrator

Onte andaban as redes sociais moi revoltas... Anunciamos nin máis nin menos que catro incorporacións, e menudas incorporacións!, non cabemos en nós de felicidade: diola, IGMIG, Mateo Mena e Camarada Nimoy. Moita atención, imos repasalas todas:

Ayer andaban las redes sociales muy revueltas... Anunciamos ni más ni menos que cuatro incorporaciones, ¡y menudas incorporaciones!, no cabemos en nosotros de felicidad: diola, IGMIG, Mateo Mena y Camarada Nimoy. Mucha atención, vamos a repasarlas todas:


diola

Imprimir
PDF
May
04

Novo Video de Cró! - CALÍOPE

Autor // Administrator

Gran traballo de Miriam González & Cia, seleccionado para o festival de Cans

CRÉDITOS:
Videoclip da canción CALIOPE do grupo galego CRÓ! do album PERA
Realización e montaxe: Miriam Rodriguez
Dirección de fotografía: Pablo Kaufmann
Cámara: Pablo Kaufmann e Miriam Rodriguez
cámara Canon 60D
grabado en 2014

spotlight

Bala


spotlight

buogh!

Vigo

spotlight

Cró!

Vigo

spotlight

diola

Laboratorio | Pontevedra

spotlight

Es un árbol

Rock Absurdo

spotlight

Guerrera

Psychedelic Gipsy Blues

spotlight

IGMIG

UnclasifiedVigo

spotlight

Mateo Mena

ElectrónicaVigo

spotlight

Modulador de Ondas

InstrumentalVigo
spotlight

Pálida

Electrónica

spotlight

Trilitrate

musica de camara/hardcore/post-rock/improvisacion libre | Vigo

spotlight

Zamaramandi

Roots Reggae Band

↑↑↑↑↑↑ Escudería Metamovida ↑↑↑↑↑↑