Imprimir
PDF

Modulador de Ondas _

Modulador de Ondas é o nome do proxecto en solitario do compositor, thereminista e guitarrista Paulo Pascual. Estrenou online o videoclip do seu 1º LP (chamado "Planeta Theremin") que sairá a venda en outubro do 2018

bandcamp: https://moduladordeondas.bandcamp.com/


A principios de 2017 Paulo Pascual iniciou un camiño en solitario tras formar parte de múltiples proxectos grupáis. Propúxose crear un repertorio propio nun par de meses e desenvolveu un xeito totalmente autónomo de levalo ao directo, para o que utilizou unha combinación de instrumentos que non conta con precedentes por un só músico: theremin e guitarra eléctrica.

Estes foron os dous únicos instrumentos cos que ofreceu máis de 30 actuacións durante ese ano. Intercalouno con sesións de cinema musicado en directo e obradoiros de achegamento ao theremin, unha laboura divulgativa que combina coas súas clases de theremin. Con isto busca que o número de intérpretes se multiplique e formar “comunidade” para compartir experiencias e coñecementos e avanzar no pracer de facer música acariciñando o espazo de radio de acción das dúas antenas. Para isto, pasa o seu tempo nun taller-estudio en Vigo chamado: Planeta Theremin, lugar de traballo e punto de encontro entre thereministas.
A súa liña de traballo foi recoñecida recentemente o directorio internacional de Theremin Today (http://theremintimes.ru/en/) unha web rusa administrada polo neto do inventor do instrumento, Peter Theremin onde figuran os thereministas actuais con maior proxección do mundo. Videoclip do tema “Cefalú” Como adianto dao disco que saldrá á luz en outubro de 2018, Modulador de Ondas publica un vídeo na rede dun dos temas incluídos no mesmo:”Cefalú”. Nesta ocasión, a colaboración estivo a cargo da chelista Macarena Montesinos. O video foi gravado en Alcabre, Vigo, rexistrado e editado por Jose Aragunde.

*foto La Casa Taller, A Guarda
mail: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla